A campaña escolar Pilabot, impulsada pola Xunta, Ecopilas, e Ecolec, promoverá un ano máis a concienciación das novas xeracións sobre a reciclaxe a través dun concurso de recollida de pilas en colexios de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o CEIP As Solanas da Guarda, que gañou o primeiro premio no curso 2019-2020.
A XUNTA LANZA A TERCEIRA EDICIÓN DA CAMPAÑA ESCOLAR DE RECICLAXE “PILABOT” CO RETO DE SUPERAR AS 59 TONELADAS DE PILAS RECUPERADAS DO CURSO PASADO

