Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PARTIDO POPULAR DA POBRA CRITICA A MALA XESTIÓN DO GOBERNO LOCAL E A SÚA INOPERANCIA PARA EXECUTAR AS OBRAS.

Logo da sesión plenaria extraordinaria do Concello da Pobra onde foron aprobados tódolos puntos, o Partido Popular quixo deixar clara a súa postura e explicar a súa negativa ante a aplicación do remanente con endebedamento. Aprobáronse os investimentos financiados con endebedamento, que inclúen un importe de 1,5 millóns de euros. O portavoz do PP, Manuel Durán, asociou este punto coa inoperancia do goberno á hora de executar as obras.

Salir de la versión móvil