A afluencia na Praza de Abastos de Ribeira non cesa, e nos últimos días a xente segue indo a mercar a pesar da suba de prezos. Son moi variados os produtos que se están comercializando, desde o chincho á merluza, a un prezo asequible en moitos casos. O peixe azul tamén se está a vender ben, segundo afirman as praceiras.