Deportes

RIBEIRA ACOLLE A PRIMEIRA PROBA DO CIRCUÍTO DE ATLETISMO PARA MENORES DE 12 ANOS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Este domingo, 14 de novembro, darán comezo en Ribeira as probas de atletismo en pista para menores de 12 anos do circuíto que organiza a Deputación da Coruña para este ano 2021 e que se estenderán durante os meses de novembro e decembro.
As continuarán na Pobra do Caramiñal (21 novembro), Noia (5 decembro), Oleiros (11 decembro), Ordes (19 decembro) e Ferrol (26 decembro) e poderán participar os e as atletas empadroados en calquera concello da provincia que estean en posesión da licencia federativa para a temporada 2021.
A competición desenvólvese nas categorías sub-10 e sub-12. En cada concello, agás Ordes xa que non conta con pistas axeitadas para celebrar carreiras, realizaranse as seguintes probas: carreiras (50 e 500 metros en sub-10 e 60 e 500 metros en sub12), salto de altura, salto de lonxitude e lanzamento de peso.
As probas, que estarán controladas tecnicamente pola Federación Galega de Atletismo (FGA), terán unha duración total aproximada dunha xornada, en horario de 10 a 14 horas, e as e os participantes deberán cumprir o protocolo COVID-19 establecido pola FGA.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.