O salón de plenos do Concello de Rianxo acolleu hoxe a presentación dunha nova iniciativa: o proxecto MOV T. A raíz deste programa a piscina municipal de Rianxo, xestionada polo grupo BeOne, e o IES Félix Muriel suman forzas para combater o sedentarismo nos adolescentes.