Feijóo avanza que a Xunta destinará un terzo dos recursos do superávit de responsabilidade a garantir un mellor futuro dos nenos e da mocidade galega

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta destinará, aproximadamente, un terzo dos recursos do superávit de responsabilidade en garantir un mellor futuro dos nenos e da mocidade galega.
Na rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou deste xeito que o Goberno galego xa está a traballar, coa máxima dilixencia posible, para poder poñer a disposición de Galicia o superávit do que dispón a comunidade.
Nesta liña, e logo de precisar que nas próximas semanas irase debullando con maior profusión as decisións, as medidas e os programas que permitan cumprir con estas prioridades, o responsable da Administración autonómica referiuse, nun primeiro termo, ao paquete de medidas que se porán en marcha no eido da infancia e da mocidade.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.