A Xunta de Galicia elaborou un Plan de Infraestruturas sanitarias de atención primaria que prevé a posta en marcha de 37 centros de saúde e a amplliación ou reformas noutros 14 existentes. Entre eles atópase o centro de saúde novo de Noia, que figura entre as 21 actuacións máis urxentes polo Sergas dadas as necesidades asistencias, incluíndose así na Fase 1. A actuación por parte da Xunta supón un investimento de 5 millóns de euros, que sumados ao máis de 1 millón de euros da adquisición de terreos por parte do Concello de Noia, elévase a máis de 6 millóns de euros.
NOIA TERÁ UN NOVO CENTRO DE SAÚDE , ASÍ O ANUNCIOU A XUNTA DE GALICIA.

