Deportes

NA PRIMEIRA AUTONÓMICA O CD UNIÓN COLÓCASE LÍDER TRAS VENCER AO ESCLAVITUD (0-2).

Se alguén non tiña en conta ao Unión para estar nos postos altos da táboa, xa pode cambiar de idea. Os de Asados voltaron a gañar desta vez ao Esclavitud nun partido no que se mostraron superiores en todo momento. Xa no inicio Néstor asestou o primeiro golpe no minuto 11, e parecía que ía a rematar en goleada, pero os de Padrón non deron seu brazo a torcer. Cando se chegaba aos últimos 15 minutos de partido, chegou o tanto da tranquilidade, en propia porta de David González, que terminou de sentenciar o partido. Catro xornadas, tres vitorias e un empate, 8 goles a favor e 0 en contra, eses son os rexistros dun Unión que con este triunfo se sitúa no máis alto da táboa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.