A Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler acolleu a inauguración dunha exposición fotográfica de micoloxía ao abeiro da programación da quinta edición das Xornadas Micolóxicas. Inicialmente a mostra está composta por un total de vinte imaxes que corresponden con aquelas que acadaron as cinco mellores puntuacións nas catro convocatorias previas do concurso Fotográfico de Micoloxía.
A POBRA PRESENTA UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA DE MICOLOXÍA QUE CONTA CUN TOTAL DE VINTE IMAXES. A EXPOSICIÓN ESTARÁ ABERTA AO PÚBLICO ATA FINAIS DE MES

