Comezou unha nova edición dos obradoiros de memoria no Concello de Outes. Estanse a realizar en tres puntos do municipio e son impartidos pola coordinadora do Centro Social, Elvira García. Un dos obxectivos que perseguen estes talleres é fomentar as relacións interpersoais entre os maiores.
O CONCELLO DE OUTES ESTÁ A DESENVOLVER TRES OBRADOIROS DE MEMORIA DIRIXIDOS A PERSOAS MAIORES. A TRAVÉS DELES REALÍZANSE VARIAS ACTIVIDADES DE APRENDIZAXE E FOMÉNTANSE AS RELACIÓNS INTERPERSOAIS

