Dende o día de hoxe, máis dun cento de stands están a ocupar a cidade con motivo da celebración do mercado mariñeiro incardinado na feira Artemar Riveira, que se desenvolve na súa terceira edición ata este domingo 24..
Os postos emprázanse nalgúns dos lugares máis transitados da urbe riveirense, como a praza do Concello, as rúas peonís de Galicia, Manuel Lustres Rivas e Santa Uxía ou a avenida do Malecón.
Artesanía, gastronomía, licores, xoguetes, prendas de roupa, marroquinería, cerámica, infusións, produtos de herboristería, obras artísticas e un longo etcétera de artigos de variadísimos xéneros pódense contemplar e mercar nestes postos, chegados de toda a península Ibérica e doutras latitudes como Arxentina ou os países árabes.
O mercado mariñeiro estará aberto dende hoxe pola tarde e o venres, sábado e domingo, todo o día salvo de 14.30 a 18 horas.
Tamén cómpre destacar a localización na praza do Concello de seis stands representativos doutros tantos colectivos do municipio. En concreto, as asociacións Ambar, Riveira Escríbese con V, Amas de Casa, Aires de Dorna, o club Santa Uxía Terceira Idade e a Comisión de Festas de Corrubedo.
A este respecto, a Asociación de Amas de Casa bríndanos a posibilidade de degustar no seu stand pez espada preparado de distintos xeitos: rebozado, en empanada ou en tortilla. Estas degustacións terán lugar os días 21, 22 e 24 ás 20.30 horas e o sábado 22 ás 12.30 horas.
INSERTO 1: MAGDALENA, REPRESENTANTE ASOCIACIÓN AMAS DE CASA
A praza do Concello será epicentro tamén doutras interesantes actividades promovidas por asociacións, como o esconxuro da queimada que se desenvolverá o domingo ás 22 horas a iniciativa da asociación Riveira Escríbese con V e coa participación do grupo de gaitas da Gandaina de Palmeira.
E non hai que esquecer que a praza consistorial dará cabida hoxe ás 21 horas ao pregón ofrecido polo gran mestre da pintura Manuel Ayaso. Este momento estará amenizado polo grupo de gaitas A Gandaina de Palmeira, o grupo musical Wyrdamur de Murcia e a animación de Atraspiés Circo.
http://youtu.be/6z0U9IuRy5E