Deportes

O PORTUS APOSTOLI VISITA AO PEÑÍSCOLA, UN DOS FAVORITOS AO ASCENSO. OS DE MARLON BUSCARÁN TRAER UN RESULTADO POSITIVO DUNHA PISTA NO QUE NINGUÉN O CONSEGUIU

Na xornada 10, un partido de 10. O líder rende visita, a primeira na súa historia, ao Municipal de Peñíscola. Alí enfrontarase este sábado 6 de novembro ao Servigroup Peñíscola , actual terceiro clasificado a sete puntos dos noieses, pero que por cadro de persoal e curriculum ben podería ocupar a praza de honra. Algo que aos xogadores de Marlon Velasco non lles asusta, pero si son conscientes do complexo que será saír da Comunitat Valenciana con dez unidades de vantaxe na táboa clasificatoria sobre o seu rival deste sábado, que, do mesmo xeito que o Portus Apostoli no Agustín Mourís, aínda non sabe o que é ceder nin un só punto en casa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.