Sin categoría

Feijóo avanza que a Xunta empezará a distribuír o superávit de responsabilidade pensando no futuro de Galicia: “dos nenos, da educación, da sanidade pública e do país”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe no Pleno da Cámara que a Xunta empezará a distribuír, xa no vindeiro Consello, o superávit de responsabilidade pensando no futuro de Galicia: “dos nenos, da educación, da sanidade e do país”. Feijóo resaltou que o Plan estratéxico de Galicia 2015-2020, presentado na Cámara polo conselleiro de Facenda, pon de manifesto que “Galicia deixa escrita a súa política económica ata 2020 e que contou cunha política económica desde 2009 ata 2016”.

“Os resultados da nosa política económica é que na Comunidade galega estamos crecendo: baixa o paro e increméntanse as afiliacións á Seguridade Social, soben as exportacións, a produción industrial, a confianza dos consumidores e baixan os impostos”, abundou, subliñando que se no primeiro trimestre de 2013 a EPA falaba de 287.000 parados, agora hai 60.000 menos; e se as afiliacións á Seguridade Social eran de 908.000 persoas, hoxe hai 34.500 afiliados máis.
Sobre este punto, destacou ademais que o 75% dos asalariados en Galicia teñen emprego indefinido.
Durante a súa intervención, Feijóo destacou tamén a necesidade de reformar o actual sistema de financiamento das comunidades autónomas; un modelo que, segundo afirmou, non se rexeu polo principio de cubrir os custos reais dos servizos públicos, “senón para tentar manter o goberno de Zapatero e o tripartito catalán”.

Salir de la versión móvil