O salón de plenos do Concello de Ribeira acolleu unha sentida homenaxe a Daniel Gómez Ramil, unha das figuras máis representativas do teatro da zona. O que ía ser unha recepción ao Grupo Municipal de Teatro de Ribeira, foi unha homenaxe sorpresa a Gómez Ramil. Así, o alcalde de Ribeira anunciou que a mostra de Teatro Infantil levará a partir de agora o nome de Daniel Gómez Ramil.