A mala situación que atravesa a economía española fai prever que na próxima década existan moitos xubilados e poucos traballadores, polo tanto a hucha de pensións estaría baixo mínimos. O ministro da Seguridade Social, José Luis Escrivá, pretende subir as cotizacións sociais dos traballadores para alimentar o Fondo de Reserva para os pensionistas. Isto quere dicir que os empresarios e traballadores aumentarían as súas contribucións en 140 euros anuais, 14 pagas, o que suporía retirar cinco euros ao mes ao traballador e cinco á empresa. No caso dos empleados mileuristas limitaríase a 2,50 euros para cada unha das partes. Desde a Asociación de Empresarios de Ribeira afirman que isto repercute negativamente na pequena e mediana empresa.
O GOBERNO PRETENDE SUBIR AS COTIZACIÓNS PARA AUMENTAR A HUCHA DE PENSIÓNS. ISTO PODERÍA REPERCUTIR NEGATIVAMENTE NOS DESPIDOS DOS EMPLEADOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

