Boiro

AMICOS CLAUSUROU HOXE O PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO 2020-2021. A INICIATIVA PERMITIU QUE 66 PERSONAS ESTEAN TRABALLANDO NA ACTUALIDADE

O Auditorio Municipal de Ribeira acolleu hoxe o acto de clausura do Programa Integrado de Emprego 2020-2021 que celebrou a Asociación de Amicos. No PIE do último ano, 122 mulleres participaron nas accións de formación e orientación. Entre as benficiarias atópanse 27 mulleres con discapacidade, 31 mulleres son menores de 30 anos con baixa cualificación e 14 mulleres están en situación de risco de exclusión social. O obxectivo do proxecto é mellorar a ocupabilidade e a inserción laboral de persoas en situación de desemprego. Grazas a esta iniciativa, 66 mulleres participantes no Programa encóntranse traballando na actualidade e 39 denas xa cumpliron tres meses desenvolvendo as súas funcións nunha empresa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.