O pasado ano o IES Félix Muriel comezaba a súa andaina nun proxecto formativo europeo enmarcado no programa Erasmus + xunto a un centro de Irlanda e outro de Croacia. Os 29 alumnos estranxeiros chegaron o sábado a Rianxo e hoxe todos os participantes no proxecto impulsado pola Fundación Antón Losada e chamado Estudos e investigacións sobre o Cambio Climático na UE asistiron á presentación do mesmo e da revista Paspallás. Nela recóllese o traballo que os estudantes do Félix Muriel realizaron ao longo do pasado ano.