Deputación Da Coruña

A Deputación destina 900.000 € a programas de políticas de igualdade e contra a violencia de xénero dos concellos

Un total de 899.994,02 € é o orzamento que a área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de xénero destina aos concellos para desenvolvemento de políticas de igualdade e a loita contra a violencia de xénero. A resolución das subvencións saíu publicada no BOP do 10 de maio.

Programas de fomento do emprego en igualdade, Plans municipais de igualdade e loita contra a violencia de xénero, programas e conciliación, tratamento integral das mulleres en situación de violencia de xénero, iniciativas de sensibilización, prevención e identificación da violencia ou módulos de atención e apoio psicosocial domiciliario son algunhas das solicitudes que os concellos presentaron á convocatoria de subvencións da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade da que se vén de coñecer a súa resolución publicada no BOP.

A Deputación da Coruña destina un total 899.994,04€ á convocatoria dirixida aos concellos e outras entidades locais para o desenvolvemento de políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero.

A convocatoria diríxese ao financiamento dos servizos, programas e actividades que teñen como finalidade o fomento e desenvolvemento das políticas de igualdade e loita contra a violencia machista. Obxectivo prioritario das subvencións son tamén as accións orientadas a facilitar canles para a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.