Sin categoría

O alumnado do Obradoiro de Fotografía de Lousame presenta este venres unha exposición colectiva na Casa da Cultura

A Casa da Cultura “Santeiros de Chave” do Concello de Lousame acollerá este venres 13 de maio, ás 20:30 horas, o acto de inauguración dunha exposición colectiva do alumnado do Obradoiro de Fotografía, organizado polo Concello de Lousame e impartido polo Colectivo Olláparo (Boiro) entre os meses de febreiro e abril. A exposición será inaugurada pola alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e a concelleira de Cultura e Xuventude, María Regenjo.

A exposición recolle unha selección dos traballos realizados polo alumnado do Obradoiro de Fotografía, polo que inclúe imaxes das distintas saídas á natureza programadas, así como fotografías das novas técnicas aprendidas este ano: retrato e fotografía nocturna. A exposición poderá visitarse ata o 17 de xuño na Casa da Cultura de Lousame.

Salir de la versión móvil