O Concello de Rianxo segue traballando nunha das necesidades máis urxentes de calquer municipio, o saneamento. Desta vez cunha actuación en Burés, CUN IMPORTE DE 104.730,39 € que nesta primeira fase afectará a 30 vivendas da parte máis vella da zona. Estas residencias irán conectadas á rede xeral a través dunha infraestrutura dispota en dous tramos: un que discorre nas primeiras casas e baixa pola estrada AC-305 e outro no núcleo máis tradicional da aldea.