O Noia non logrou traer ningún punto na súa visita ao colista. Os de Iván Carril, acostumados ao bo trato de balón e posesións, encontraron no campo da Queixeira, o seu maior rival. Un terreo de xogo pequeno e embarrado que sumado ao bo traballo dos locais, provocou que o Noia se viñera coas mans vacías de Ourense. A pesares dos intentos dos noieses por completar remontada, o triunfo quedaría na casa por 3-2.