O Berberecho Noia xa sabe o que é gañar nesta Primeira División Galega, despoisa de vencer nun axustado partido ao Sigaltec (63-57).
Comezou o equipo visitante mellor, pero tras o susto inicial, os noieses reaccionaron e logo dun parcial contundente leváronse o primeiro cuarto 23-13. No segundo cuarto, o Noia aumentou a vantaxe en 13 puntos, pero un gran final de parte fixo que se chegara ao descanso cun resultado moi axustado (31-30).
Logo do descanso, os visitantes voltaron a impoñer seu xogo, dominando o rebote e puxéronse por primeira vez por diante no marcador. Os de Jesu Souto sacaron o mellor de si mesmos e conseguiron chegar ao último cuarto cunha renda de catro puntos.
Co partido totalmente aberto, todo quedou por decidir no último cuarto. Santi, que con 20 puntos foi o máximo anotador dos noieses, creceuse e conseguiu axudar na vitoria final do Bereberecho Noia ao Sigaltec con 6 puntos de vantaxe.