Noia volveu a aclamar o seu berberecho nas sextas xornadas de exaltación deste bivalvo. O cociñeiro Javier Olleros, do restaurante Culler de Pau de O Grove, foi o invitado estrela nesta edición. Coñeceu de primeira man o proceso que segue este marisco dende a súa recolección nos areais ata que chega aos fogóns.
O COCIÑEIRO GALEGO JAVIER OLLEROS ENXALZOU EN NOIA O BERBERECHO E PARTICIPOU NUN SHOWCOOKING NO QUE ELABOROU TRES RECEITAS CON ESTE BIVALVO

