Lousame

O CONCELLO DE LOUSAME MELLORA OS ACCESOS A ABELENDO E PAVIMENTACIÓN O CAMIÑO DA BARREIRA A GUIENDE, ENTÁLLARA. AS ACUTACIÓN SUPOÑEN UN INVESTIMENTO DE 30.00 E 20.000 EUROS

O Concello de Lousame vén de investir 30.000 euros na mellora dos accesos á localidade de Abelendo e na pavimentación do camiño da Barreira a Guiende, ambas as dúas na parroquia de Tállara.

As obras consistiron na mellora dos accesos a Abelendo dende a DP-1105 Boiro-Noia, onde se repararon as fochancas e se melloraron dous treitos con aglomerado en quente, con 75 metros cadrados de sobreanchos.

Así mesmo, pavimentouse un camiño de 350 metros que une as localidades da Barreira e Guiende.O Concello de Lousame está a executar nestes días outra actuación máis na aldea de Guiende, onde se comezou coa demolición do pavimento existente en tres treitos da aldea e onde se procederá ao seu pavimentado. Unha obra orzamentada en máis de 20.000 euros e que está sendo executada pola empresa Construcciones y Obras Andújar SL.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.