Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN DA CORUÑA SÚMASE Á DECLARACIÓN DE VALLADOLID E APOSTA POLA ECONOMÍA CIRCULAR

O pleno do ente provincial fixo unha declaración institucional para unirse ao compromiso de levar a cabo unha reconstrución poscovid acorde aos principios do Pacto Verde Europeo, baseada na enerxía limpa, a mobilidade sostible, a eficiencia enerxética, o incremento da biodiversidade, a eliminación da contaminación e a loita contra o cambio climático.

A declaración á que se adhire a Deputación sinala o importante papel dos Gobernos Locais en accións de fomento e desenvolvemento deste novo modelo por ser a administración máis próxima á cidadanía. Por outra banda, tamén fai fincapé na necesidade de Desenvolver Estratexias Locais de Economía Circular que permitan diagnosticar a situación da entidade local e do territorio co fin de crear plans de acción acordes.

A isto súmanse outras accións como favorecer o uso sostible da auga optimizando a rede de abastecemento e saneamento, promover a eficiencia e aforro enerxético nos sectores comerciais e industriais, favorecer o asesoramento para combater a pobreza enerxética ou ordenar o espazo público para fomentar unha mobilidade sostible, entre outras. A Deputación trasladará a certificación deste acordo á Secretaría Xeral da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.