O Concello de Lousame organizou unha serie de actos e actividades para festexar o mes das letras, e homenaxear a Manuel María. Concertos, lecturas, recitais e exposicións completarán a axenda cultural ata xuño.
O 21 de Maio vaise realizar unha saída á casa museo de Manuel María, os que queiran asistir poden anotarse no consistorio. Ademais a finais de mes terá lugar un conerto homenaxe a Juan Montes.
Como anticipo ó mes de xuño, a alcaldesa destacou que a cantante de fado, María do Ceo, presentará en Lousame o seu novo disco.
Teresa Villaverde agarda que estas actividades organizadas dende o cocnello sexan do agrado de todos os veciños e veciñas, e os fagan desfrutar deste mes das letras.
https://www.youtube.com/watch?v=XC-o1FqK37k