Noia e Arnoia enfrontaranse por primeira vez na súa historia,e farano nun escenario como o da Terceira División. Os de Iván Carril visitan a un equipo recén ascendido e que non comezou da mellora maneira esta tempada. Mentres os noieses marchan novenos con 11 puntos, os ourensás sitúanse na penúltimo praza con 2 puntos.
A pesares de que pode parecer unha visita sinxela para o Noia, o xogo do Atlético Arnoia non coincide cos resultados. Dous empates e cinco derrotas, todas pola mínima excepto a sufrida na anterior xornada en Vilalba por 3-0. Un equipo aguerrido e que compite en tódolos encontros. Os noieses saben que é un partido trampa, e tentarán saír enchufados desde o principio para poder traer os tres puntos para a casa. Iván Carril non poderá contar durante un meses con Miguel Gómez, quen sufreu unha lesión na cabeza do peroné.
O encontro disputarase o domingo 31 de outubro a partir das 16:30. En caso de triunfo, o Noia engancharíase aos postos altos da táboa.