A Avenida de de Barraña será obxecto dunha actuación co fin de levar a cabo a renovación de beirarrúas e servizos na zona. A obra mellorará a seguridae e mobilidade no núcleo urbano, cun orzamento de 132.772,37 euros que se executará con cargo ao POS 2021. O proxecto ten como finalidade mellorar as condicións de seguridade viaria, favorecer a mobilidade alternativa cun tramo de carril bici e renovar os servizos de recollida de pluviais e iluminación viaria.