A axenda cultural do Concello de Boiro inclúe esta semana tres actuacións. O venres ás oito da tarde o auditorio da Casa da Cultura acollerá a representación teatral “Contos de recreo”, para un público infantil e familiar. O grupo Redrum Teatro inclúe no espectáculo a música en directo na produción que combina monicreques, efectos de iluminación e unha gran escenografía para contar a historia de Alicia. Ese mesmo día pero no local Leñaverde desenvolverase a pasaxe do terror. E o sábado a partir das nove da mañá o centro social acollerá a xornada formativa sobre cogomelos impartida polo profesor da USC Saúl de la Peña. Inclúen unha saída guiada ao campo e para poder asistir é preciso chamar ao 698 175 543.