Santa Uxía de Riveira, 10 de maio de 2016.- A poucos días da conmemoración das Festas da Guía en Carreira (serán o vindeiro luns), o Concello de Riveira informa da conclusión das obras de mellora e adecuación do entorno da Capela que sirve de epicentro desta celebración: unha actuación que supuxo un investimento de 88.330 euros, IVE incluído, e foi executada pola empresa Construcciones Figueiras Vixán, S.L..
Como consecuencia desta obra pavimentouse con pedra granítica a fronte e a parte posterior do templo, ademais de colocar xardineiras e bancos na zona.
Así mesmo, na parte máis elevada en relación ás beirarrúas colocouse unha varanda de fundición para evitar caídas e construíronse beirarrúas para conectar a edificación co parque das festas.
https://www.youtube.com/watch?v=-ms-W_GADkg