O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo en Santiago de Compostela unha reunión coa comisión executiva e os responsables sectoriais de Unións Agrarias para abordar a situación dos sectores eólico e primario en Galicia.
Na reunión sectorial “A enerxía eólica: unha achega de valor ao medio rural”, tratáronse os problemas actuais e o modelo de futuro dun rural galego “onde a prestación de servizos ten que ser equiparable á do mundo urbano”, segundo Formoso.