Rianxo envórcase coas causas solidarias. O municipio acollerá o próximo 6 de novembro a primeira andaina solidaria en favor da Asociación de axuda a nenos oncolóxicos de Galicia, coñecida como Asanog. Na iniciativa colaboran o concello e varias asociacións e comercios locais, como Queixo Claudio.