Deportes

A POBRA ACOLLE A TERCEIRA ETAPA DA REGATA ALCA. CHISPETRÉN, PIOLÍN E ORLANDO CHEGAN LÍDERES Á PENÚLTIMA PROBA

Este sábado, con saída ás 14:00 nas inmediacións da Pobra do Caramiñal, celebrarase a terceira proba das catro que dan forma á Regata Alca.

En ORC A, o Chispetrén, de Jesús Iglesias chega como líder despois de sumar dous primeiros postos noutras tantas mangas disputadas. Acompáñalle no pódium provisional o Mus, de Rafael Villanueva e o Alpha de Manuel Nieto.

En ORC B, o rianxeiro Piolín mantén o liderado grazas ao primeiro posto na primeira manga pero unha picada na segunda deixa esta categoría moi aberta, coas catro primeiras embarcacións separadas por un punto entre elas.

O Orlando, do Náutico Arousa Norte, na Clase ORC C domina con dous primeiros aos seus rivais, pero a escasa diferenza con todos eles non lle permite un resbalón. O Galopín e o Piko Norte esperan a súa oportunidade para apertar máis esta clase e deixar todo aberto para a última manga.

O parte meteorolóxico augura un día con ventos frouxos de compoñente sur, o que pode abrir aínda máis as opcións tácticas dos patróns nun percorrido costeiro polo interior da Ría de Arousa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.