Muros

A XUNTA inicia este luns as obras de construción dunha senda peonil nun treito da estrada ac-305 que une a localidade de VILARIÑO coa entrada da travesía de BOIRO

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), inicia a construción dunha senda peonil no tramo da estrada AC-305 comprendido entre a localidade coruñesa de Vilariño, á altura da Cruz Vermella, e a travesía de Boiro. Esta obra, que se adxudicou á empresa Construcciones J. Mauri e Hijos, S.L, conta cun prazo de execución de 6 meses e ten un orzamento de máis de 131.000 euros.

Esta actuación comezará as obras no treito comprendido entre a travesía de Boiro e o enlace coa autovía do Barbanza; e se actuará entre os puntos quilométricos 21+790 e 22+720, no termo municipal de Boiro. Así, conectaranse dúas zonas que, neste momento xa dispoñen de espazo reservado para os peóns. Sinalar que neste tramo, a AC-305 sufriu modificacións pola construción da Autovía de Barbanza, o que derivou na construción dun enlace con dúas glorietas para a conexión coa mesma.

O trazado da senda definiuse desde as beiravías existentes no PK 22+720 na travesía de Boiro cara o enlace coa AG-11 e continuando ata as instalacións da Cruz Vermella na contorna do punto quilométrico 21+790.

Saíndo desde Boiro a Vilariño, proponse a súa execución pola marxe esquerda ata cruzar o paso inferior coa AG-11; para, posteriormente, pasar a outro lado ata o PK 22+000, desde onde se propón novamente a súa implantación na marxe esquerda. Deste xeito, aproveitase o dominio público existente na estrada e non resultar necesario realizar expropiacións.

Coa implantación da senda, veranse afectados algúns elementos da drenaxe, fundamentalmente a gabia revestida. Neste caso optouse por canalizala con tubaxe de PVC con recubrimento de formigón. Tamén é necesaria a construción de sumidoiros que recollan o auga cara a cuneta existente ou cara o novo colector de pluviais. A actuación de drenaxe complétase coa execución de pozos de rexistro.

Disporase dunha varanda exterior de madeira para protexer aos peóns nos puntos nos que se produza desnivel. Ademais, executaranse pequenos muros de pedra granítica para contención dos derrames de terras para a implantación da senda cunha dobre finalidade: por un lado, impedir a afección á gabia revestida existente, evitando a súa canalización con tubaxe; e, por outro lado, limitar a ocupación adicional de terreos.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.