O Julio Mato “Matito” acollerá o partido correspondente á xornada 8 da Terceira Federación que enfrontará ao Noia e ao Arzúa. Os de Iván Carril veñen dunha dura derrota fronte ao Somozas por 2-0. Aínda que entraba dentro dos pronósticos, os noieses non mostraron a súa mellor cara, e tentarán darlle a volta á situación contra un Arzúa que chegará a Noia coa inercia positiva despois de lograr a súa primeira vitoria da temporada na xornada pasada fronte ao Vilalbés.