O Polígono Industrial de Xarás continúa a ser obxecto de melloras nas súas instalacións. En marcha están as obras destinadas á pavimentación e dotación de rede de pluviais á rúa transversal á avenida Ramiro Carregal Rey, que suporá un investimento de máis 90.000 euros. Esta actuación únese así a outras realizadas na contorna do Polígono, o cal é un dos obxectivos do Concello de Ribeira para afrontar as necesidades máis urxentes dos empresarios.