Pecha a campaña do polbo con datos alentadores

O Próximo 20 de Maio comeza a veda do polbo que se vai extender ata o 4 de Xullo. Pecha así unha campaña que destaca polos bos prezos acadados en subasta, oscilando entre os 6 e 8,40 euros o kilo de cefalópodo e os bos topes logrados.

A proposta da maioría de cofrarías era o peche de tan so un mes para o polbo, dado que este ano houbo mal tempo continuado e foron moitas as xornadas que non se traballou dando descanso obrigado o polbo. Por outra banda dene as cofrarías son recelosos á hora de pechar durante longos períodos temendo perder o mercado que pode ser copado por produto foráneo.

Finalizando a campaña os exemplares no mar xa diminuen de tamañao, vendose moito produto pequeno.

A partir do 20 deste mes os marisñeiros cambiaran de arte ou preparan as embarcacións , facendo os arreglos necesarios nelas. Quedan abertas agora artes de enmalle, miños, trasmallos e betas, tamén a nasa de camarón e palangrillo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.