O Barbanza Golf Pitch&Putt continúa coa súa carteleira e organización de grandes citas para o deporte do golf. Desta vez, en colaboración co Concello de Noia, poñen en marcha o Torneo Concello de Noia que terá lugar nos campos de Moimenta a partir deste venres. A proba comezará o 22 de outubro ás 16 horas e desenvolverase durante o sábado e domingo a partir da mesma hora.