Ribeira

O IMPOSTO DE MATRICULACIÓN ELEVARASE 400 EUROS MÁIS A PARTIR DO 2022. O SECTOR DA AUTOMOCIÓN ATÓPASE NUN FUTURO INCERTO

O Goberno Central vén de aprobar nos Presupostos para o 2022 a alza do imposto de matriculacións, que segundo os especialistas do sector afectará ao 80% dos modelos do mercado. A día de hoxe comprar un coche diésel leva unha media de pago de 414 euros, e a partir do ano que vén será de 884. O incremento tamén é visible nos coches de gasolina, onde os consumidores pasarán de abonar 380 euros a 800. Este é un engadido á problemática da escaseza de microchips que está deixando moi afectado ao sector da automoción. Os concesionarios da zona non lle atopan sentido a esta suba de impostos, xa que perxudicará nas vendas e aos clientes que verán máis difícil comprar un vehículo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.