ESTA TARDE NA IGREXA DE RIBEIRA CELEBROUSE UNHA MISA FUNERAL NA HONRA DE ANDRÉS RUIZ, PAI DO ALCALDE DE RIBEIRA MANUEL RUIZ. ANDRÉS RUIZ FALECEU O PASADO DOMINGO AOS 96 ANOS. NACIDO EN ZARAGOZA TRASLADOUSE A RIBEIRA PARA FORMARSE NO ÁMBITO FARMACÉUTICO. PUXO EN MARCHA A PRIMEIRA BOTICA DE CARREIRA E FUNDOU A FARMACIA DA RÚA ROSALÍA DE CASTRO. TAMÉN FOI UN DOS FUNDADORES DO CLUB NÁUTICO DE RIBEIRA.