Deputación Da Coruña

A DEPUTACIÓN INVESTIU UN TOTAL DE 41,5 MILLÓNS DE EUROS EN MATERIA DE TRABALLO NOS ÚLTIMOS ANOS

No encontro celebrado esta mañá na sede provincial, o presidente da Deputación analizou cos máximos representantes do sindicato a situación laboral e social en Galicia e na provincia da Coruña, así como os retos relacionados coa recuperación e os fondos Next Generation. González Formoso tamén aproveitou para recoller propostas da central sindical en materia de emprego para incorporalas aos Orzamentos 2022, nos que o Goberno provincial xa está traballando.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.