Técnicos de emprego da comarca reúnironse esta mañá na sede da FEB para coordinar os servizos que se ofrecen no Punto de Atención ó Emprendedor ( PAE). O presidnete da FEB, José Ramón Romero, explicou como a FEB está volcada co emprego, sendo un dos puntos de atención ó emprendedor na coamrca. Unha atención moi necesaria para aquelas persoas que deciden integrarse no mundo laboral por conta propia. No PAE ofrécese asesoramento sobre os trámites que den realizar, así como as posibles subvencións as que poden optar.
Durante mañá reañizouse a Presentación do servizo do punto PAE polo técnico da FEB -Víctor Campaña, a Presentación do sistema de garantía xuvenil pola técnica SPEG Macarena Ferreiro, e remataron cun coloquio tralas presentacións individuais dos diferentes técnicos de emprego.