Icono del sitio CanalBarbanza.com

EL REY DE LAS FLORES E PURASANGRE GAÑAN O PREMIO A MELLOR CURTAMETRAXE NA MOSTRA DE NOIA. OS TRABALLOS TERÁN A OPORTUNIDADE DE VIAXAR DIRECTOS AOS PREMIOS GOYA

A vixésimo segunda edición da Mostra de Curtas de Noia chegou ao seu fin o sábado á noite entre risas, música e homenaxes. O imitador e doblador Raúl Pérez foi o mestre de cerimonias nunha noite que contou coa presenza de grandes artistas, cineastas e curtometraxistas nacionais e internacionais, e tamén coa actuación en directo de Kin García Trío. “El rey de las flores” de Alberto Velasco e “Purasangre” de César Tormo, foron as mellores curtas da edición e terán a oportunidade de viaxar directos aos Goya.

Salir de la versión móvil