A Casa do Concello de Rianxo acolleu hoxe a reunión entre o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Treno e os representantes da mancomunidade de municipios da ría de Arousa zona Norte, que preside actualmente o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños. A Pobra, Ribeira e Boiro son os outros tres concellos que pertencen á entidade.
A XUNTA ASINA UN CONVENIO COA MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA. A INICIATIVA TEN COMO OBXECTIVO POTENCIAR O DESTINO CUNHA AXUDA DE 48.000 EUROS PARA O SEU DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO

