O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa de Consello o inicio o próximo luns da campaña de vacinación antigripal, que se estenderá ata finais de decembro. Destacou que contará cun investimento de preto de 5,3 millóns de euros que permitirán adquirir máis de 885.000 doses, que serán distribuídas nos máis de 900 puntos de vacinación despregados, entre centros de saúde, hospitais e residencias.
A XUNTA INICIA O LUNS A CAMPAÑA DA VACINACIÓN ANTIGRIPAL CUN INVESTIMENTO DE 5,3 MILLÓNS DE EUROS E MÁIS DE 885.000 DOSES DE VACINA

