A cofradía de Rianxo segue esperando unha resposta ante a solicitude enviada fai preto dun ano Portos para recibir a autoriazación para o punto de control na batea situada frente á fachada marítima do municipio. O patrón maior de Rianxo explicou que a intención é levar a cabo un fonde da lámina de auga que lle corresponde á dita entidade e de seguido crear unha batea como punto de control de preengorde.