Sin categoría

Os veciños poden participar na limpeza da praia de BARRAÑA cos voluntarios da cruz vermella

O próximo mércores 11 de maio de 2016 as 9:30h da mañá, levarase a cabo unha limpeza do areal de Barraña como parte do programa de seguimento de lixo mariño, que leva a cabo o Ministerio de Cultura e Medio Ambiente, para previr e reducir os vertidos o medio mariño.
Esta actividade será realizada polos voluntarios da Cruz Vermella e calquera persoa interesada que desexe formar parte. Con isto pretendese coñecer a tipoloxía do lixo e para elo extraeran todos os residuos ao longo de 1 km, basandose en 22 tipos de obxectos de lixo mariño, nos que se inclúen; plástico e/ou poliestireno, goma, roupa, papel, madeira, metal, vidro, restos médicos, etc.
Os veciños e as persoas que desexen participar nesta actividade, poden realizalo a través do departamento de Medio Ambiente do Concello.
Teléfono: 981.844.800 Extensión: 271
Correo electrónico: medioambiente@boiro.org

Salir de la versión móvil