Icono del sitio CanalBarbanza.com

A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE RIBEIRA PIDE UN REFORZO DE EFECTIVOS DE POLICÍA NO MUNICIPIO

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, reuniuse co sindicato unificado de Policía pra coñecer a realidade e as necesidades do corpo no municipio. Tras o encontro reafirmou a necesidade de contar cun maior número de efectivos, agora ante a inauguración da nova comisaría. Martínez afirma que son conscientes do déficit de persoal que hai e sinala que a súa preocupación é que as instancias políticas ás que lles corresponde dotar de efectivos fagan o seu traballo e envíen os reforzos necesarios. Tamén adiantou que ao longo desta semana reunirase cos partidos políticos para buscar apoios a esta demanda que busca garantir a segudidade de todos,

Salir de la versión móvil