Os noieses voltaron da súa visita ao líder co peto baleiro, a pesar de mostrar unha gran imaxe. Os de Iván Carril venderon cara a derrota pero finalmente caeron por 3-1 fronte ao Barco. O defensa de cadro noiés, Angelo, tivo que ser trasladado ao hospital logo dun choque con Duque. O xogador branco recibiu oito puntos na cabeza e hoxe recibiu a alta. Afortunadamente atópase ben.