Deportes

CONTINÚAN OS MALOS RESULTADOS PARA BOIRO E PUEBLA NA PREFERENTE. OS BOIRENSES EMPATARON NA CASA FRONTE AO ARTEIXO E OS DA ALTA VOLTARON CUN PUNTO DA SÚA VISITA AO BOIMORTO

Nin Boiro nin Puebla puideron saborear aínda os tres puntos nesta tempada 2021-2022. Os de Luis Carro recibían a visita do líder e candidato a todo, o Atlético Arteixo e grazas a unha gran actuación do porteiro pobrense Juan, puideron empatar a 0 na terceira xornada de liga.

Na primeira metade eran os de Barraña os que dominaban o xogo, aínda que sen apenas ocasións. Intentouno Jhon desde a frontal a balón parado, pero o disparo foi desviado a córner por José. Antes de chegar ao descanso, Pereira e Piñeiro terían nas súas botas o tanto logo dun contragolpe, pero terminarían errando.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.